Outra xornada negra eleva a 50 os concellos galegos en alerta máxima por covid

Viveiro, Cerceda, Poio, Moaña e Tomiño súmanse ó nivel vermello.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2020 | Actualizada ás 11:28

Comparte esta noticia

O mapa 'semáforo' que cada día actualiza a Consellería de Sanidade para sinalar a incidencia do covid por municipios marca xa en vermello --grao máximo-- a 50 concellos situados maioritariamente nas provincias da Coruña e Pontevedra.

A actualización deste domingo eleva a alerta aroja a seis novos municipios: Viveiro, Cerceda, O Grove, Poio, Moaña e Tomiño. Algúns deles, como o caso de Cerceda, regresan á alerta máxima tras baixar ao nivel laranxa nos últimos días. Por contra, o municipio coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago, abandona este domingo a alerta máxima e pasa a estar marcada en laranxa no mapa de incidencia.

Así as cousas, ademais do citados seis concellos que ingresan no grupo de municipios en alerta máxima, tamén se atopan nesta situación as sete cidades galegas --Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e A Coruña--, que están pechadas perimetralmente desde o mediodía do venres.

Así mesmo, están en alerta vermella os municipios coruñeses de Culleredo, Ames, Arteixo, Cambre, Carballo, Fene, Muros, Narón, Oleiros, Pontedeume, Vimianzo e Teo. Na provincia de Ourense, permanecen Barbadás, O Carballiño, Ribadavia e Verín.

Na provincia de Pontevedra, continúan na situación 3 Cangas, A Estrada, Marín, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Silleda, Soutomaior, Tui e Vilagarcía de Arousa. Así mesmo, en Lugo, despois de días nos que só figuraban a capital e Monforte, a alerta estendeuse a Cervo, A Fonsagrada e Viveiro.

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.

ALERTA LARANXA

Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 20 municipios, un máis que o sábado, dos que dez están na provincia da Coruña: Ares, Arzúa, Betanzos, Cerceda, Ordes, Sada, Santa Comba, Malpica, Valdoviño e Oza-Cesuras; tres na de Lugo: Cospeito, Bóveda e Burela; e dous na de Ourense: Allariz e Xinzo.

No caso de Pontevedra, son cinco os que figuran neste nivel de alerta --dúas menos, ao pasar O Grove, Tomiño e Poio a estar marcados en vermello e entrar Caldas, o sábado en cor amarela--: Lalín, Caldas de Reis, Fornelos de Montes, Gondomar e Cercedo-Cotobade.

Mapa de incidencia do coronavirus en Galicia a 1 de novembro. CAPTURA (SANIDADE)
Mapa de incidencia do coronavirus en Galicia a 1 de novembro. CAPTURA (SANIDADE) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta