Os municipios galegos en alerta vermella mantéñense en 47 trala entrada de Sanxenxo

A Cañiza abandona o nivel de máxima alerta, no que seguen as 7 cidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/11/2020 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Os municipios galegos en alerta vermella pola incidencia da Covid-19 mantéñense este xoves en 47, os mesmo que a xornada do mércores, tras saír da lista A Cañiza --que pasa a nivel laranxa-- e entrar Sanxenxo, ambos na provincia de Pontevedra.

En concreto, na provincia da Coruña, mantéñense en vermello 17 localidades. Trátase de Ferrol, Narón, Fene, Pontedeume, Oleiros, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Carballo, Malpica de Bergantiños, Vimianzo, Ordes, Santiago, Ames, Teo e Boqueixón.

Pola súa banda, en Pontevedra, continúan en 21 os concellos no máximo nivel de alerta ao saír A Cañiza pero incorporarse Sanxenxo. Así, permanecen en vermello: Lalín, Vilagarcía, Cambados, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Moaña, Cangas, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e A Guarda.

En Lugo, non se rexistran cambios e continúan en vermello, ademais da propia cidade da muralla, Monforte, Viveiro, Cervo e Burela. Tamén se manienten en vermello os muicipios ourensáns de Xinzo, Ourense, Ribadavia e O Carballiño.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a gran maioría de concellos en situación 3 pola pandemia están situados nas provincias de Pontevedra (21) e A Coruña (17), seguidas de Ourense (4) e Lugo (5).

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Santiago --máis de 112--, Lugo --máis de 112--, Ourense --máis de 120--, A Coruña --máis de 276-- e Vigo --máis de 332--.

ALERTA LARANXA

Mentres, en situación dúas --na cor laranxa do mapa-- sitúanse 23 municipios, cinco máis que o mércores. Na provincia da Coruña son Cedeira, Valdoviño, Neda, Betanzos, Cerceda, Santa Comba e Noia. Ademais, incorpórase Sada, Mugardos, Cabana, Oroso e Ribeira.

Na de Lugo, mantéñense neste nivel Palas de Rei e Bóveda, aos que se suma Chantada, mentres que en Ourense volven figurar só Barbadás e Verín. No caso de Pontevedra, mantéñense neste nivel desde o mércores A Estrada, Gondomar e incorpórase Caldas de Reis, Ponte Caldelas, Tomiño e A Cañiza.

Imaxe do mapa correspondente ao 5 de novembro de 2020. CAPTURA/EUROPA PRESS / Europa Press
Imaxe do mapa correspondente ao 5 de novembro de 2020. CAPTURA/EUROPA PRESS / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta