Por Galicia Confidencial | Barcelona | 09/11/2020 | Actualizada ás 13:35
Persoas vinculadas co restaurante galego de l'Hospitalet, O'Chispa Taberna Galega, estaría detrás do ataque con pintura contra o Palau da Generalitat deste domingo ao mediodía. Segundo avanzou o portal 324 da CCMA, trataríase dun grupo de cinco familias que traballan neste establecemento e que pasa unha grave crise económica debido ás restricións.
Varios dos manifestantes, de feito, traían camisetas negras co logotipo da empresa. A imaxe corporativa inclúe unha cruz celta, en referencia a Galicia, o que fixo crer inicialmente que podía tratarse dun grupo de extrema dereita, posto que ademais un colectivo fascista celebrou a acción vandálica en Telegram.
Portavoces do bar aseguraron a TV3 que están desesperados polo peche de bares e restaurantes e querían facer unha "posta en escena que chamase a atención sobre a situación de pequenos negocios" como o deles. Non querían, din, "facer dano aos axentes de Mozos d'Escuadra que custodiaban o edificio nin converter a protesta nun ataque directo á institución política". Tamén sosteñen que non teñen ningún vínculo coa extrema dereita.
De feito, o perfil de Instagram do restaurante colgou un vídeo no que alude a esta performance e que titula "Desangrando la hostalaría" e aseguran que usaron 50 litros de sangue. Catro dos manifestantes foron denunciados penalmente.
View this post on Instagram
¿Gústache esta noticia?Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
¿Gústache esta noticia?
- O perigo do 'stealthing', cando non utilizar un condón pode ser delito
- Entidades sociais contra a tributación do SMI: "Producirase un efecto de desigualdade no sistema fiscal español"
- Detidas 20 persoas na Coruña, Málaga e Córdoba por roubos con forza, violencia e intimidación
- Guía dos outros Entroidos galegos, máis alá dos do "triángulo máxico" de Ourense
- Centos de agresións a sanitarios, pero sabes cantos casos son denunciados?
- Atopados tres desaparecidos nas últimas horas e buscan a outro en Ferrol