Por E.P. | Santiago de Compostela | 09/11/2020 | Actualizada ás 19:06
O Parlamento de Galicia celebra esta semana unha intensa sesión plenaria na que, como principal novidade, está as restricións no hemiciclo que implica que só poderán estar a metade dos deputados simultaneamente, salvo no momento das votacións --na que poderán coincidir os 75 deputados--. Concretamente, os grupos da Cámara --PPdeG, BNG e PSdeG-- acordaron coa Presidencia de que haxa 38 deputados e o presidente do Lexislativo ou a persoa que nese momento dirixa a sesión.
Ademais desta restrición, súmase a limitación de presenza de público, que non está permitido, na tribuna de invitados, os xornalistas gráficos deberán permanecer o menor tempo posible para facer o seu labor e os redactores deben seguir a sesión a través dos circuítos internos e as salas habilitadas para iso.
A sesión arrincará este martes coa aprobación do teito de gasto marcado pola Xunta para a elaboración dos orzamentos autonómicos de 2021, e o cal ascende a 11.664 millóns, cun incremento do 14,9 por cento, o que permitirá aumentar as capacidades de gasto uns 1.500 millóns.
Ademais, este pleno debaterá e aprobará as propostas de resolución en relación aos informes do Consello de Contas, da Memoria de actividades; así como inclúe o debate de totalidade do proxecto de lei de pesca continental de Galicia e o proxecto de lei de ordenación do territorio.
Na sesión desta semana tamén está previsto que compareza a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para informar da situación e das medidas adoptadas polo Goberno galego ante o caso de turbidez no río Eume e o seu impacto no abastecemento na localidade de Pontedeume.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.