Por Galicia Confidencial | Vigo | 22/11/2020 | Actualizada ás 21:00
A Xunta accedeu a publicar os datos logo de 8 meses, pero nos concellos con menos de 9 casos aínda segue sen ofrecer os datos completos. Faino logo de que a curva comezase a baixar nesta segunda onda.
Neste mapa elaborado por Xornal de Vigo pódese ver o número de casos e incidencia acumulada nos últimos 14 días. Un mapa na que destaca a forte incidencia que a Covid está tendo en pequenos concellos de Galicia sendo a situación especialmente grave na Costa da Morte e, concretamente, na comarca de Bergantiños.
Alí, as localidades máis afectadas son Cabana, con case 1.500 casos por cada 1.000 habitantes; Coristanco, con 1.251 e Malpica, con 1.168 casos por cada 100.000. En Pontevedra a peor situación é a de Mos, con 1.359 casos por cada 100.000 habitantes e A Lama, con case 1.000. En Ourense, é Beariz, con 1.647 casos, o concello con peores datos de Galicia e en Lugo, Vilalba, con 1.351 casos por cada 100.000 habitantes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.