Aberta a presentación de candidaturas para a IV edición dos Premios PEL da Deputación da Coruña

Este ano, debido a pandemia, a Deputación dedicará unha das categorías do premio a recoñecer "aquelas iniciativas innovadoras que, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan á loita contra a Covid-19".

Por E.P. | A CORUÑA | 24/11/2020 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

A área de Emprego da Deputación da Coruña abriu a presentación de candidaturas á cuarta edición dos Premios PEL, que poderán rexistrarse ata o 8 de xaneiro, ás 14,00 horas.

Segundo informa o organismo provincial, este ano, debido a pandemia, a Deputación dedicará unha das categorías do premio a recoñecer "aquelas iniciativas innovadoras que, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan á loita contra a Covid-19".

Deste xeito, ás cinco categorías que conforman esta nova edición son: premio á mellor iniciativa empresarial nova, destinado a autónomos e empresas da provincia constituídas nas anualidades 2019 ou 2020 e premio á mellor iniciativa empresarial consolidada, para autónomos e empresas constituídas en 2015 ou con anterioridade.

Outra categoría é para a mellor iniciativa innovadora na loita contra a Covid-19, para autónomos, empresas e concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da pandemia.

Na cuarta categoría, está o premio ao concello promotor do emprego de calidade, destinado a municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia e na quinta, á mellor asociación empresarial, para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios e empresarias da provincia.

O presidente e o vicepresidente da Deputación, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, respectivamente, presentan o PEL-Reactiva, xunto ao deputado José Ramón Rioboo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente e o vicepresidente da Deputación, Valentín González Formoso e Xosé Regueira, respectivamente, presentan o PEL-Reactiva, xunto ao deputado José Ramón Rioboo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta