Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 20:46
A Consellería de Sanidade notificou este mércores tres falecementos relacionados coa covid-19 en Galicia, o que eleva o total de vítimas da pandemia a 1.173, pero constitúe a cifra de mortes máis baixa desde hai case un mes.
En concreto, segundo informaron as autoridades sanitarias, na última xornada faleceu unha muller de 76 anos ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 94 anos no Hospital de Ourense e unha muller de 85 no Hospital de Monforte. Esta última vítima procedía da residencia DomusVi Monforte.
Esta é a menor cifra de falecidos nun día comunicada por Sanidade desde hai case un mes, concretamente desde o 27 de outubro, cando se notificaron dúas mortes. Na última semana, as cifras oscilaron entre os 15 e o cinco falecidos, aínda que con variacións debidas aos recontos do fin de semana.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.