O turismo rural cae máis dun 60% en Galicia debido ás restricións da Covid

As pernoctacións baixan un 35,63% en apartamentos turísticos e un 44,15% nos cámpings galegos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2020 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

As pernoctacións en aloxamentos de turismo rural descenderon un 60,35% en outubro en Galicia en relación co mesmo mes do ano anterior, ata un total de 10.922, mentres os seus prezos subiron un 2,76%. Dentro dos aloxamentos rurais, a modalidade de casa rural rexistrou un total de 7.436 pernoctacións o décimo mes do ano, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Pola súa banda, as pernoctacións en apartamentos turísticos baixaron un 35,63%, ata 17.300; e en cámpings reducíronse un 44,15%, ata 1.863. A estatística que publica o INE sobre ocupación extrahoteleira tamén incorpora datos para os albergues turísticos, pero carece da información relativa á comunidade galega durante este mes de outubro.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, as pernoctacións en aloxamentos extrahoteleiros (apartamentos turísticos, cámpings, aloxamentos de turismo rural e albergues turísticos) superaron os 2,7 millóns en outubro, cun descenso do 66,7% respecto dos 8,3 millóns de pernoctacións rexistradas no mesmo mes de 2019.

OS CÁMPINGS FORON OS MÁIS VISITADOS

Segundo detalla a enquisa do INE, os cámpings foron os establecementos máis visitados, ao superar os 284 mil viaxeiros, especialmente os da zona do Mediterráneo, con máis de 131.000 viaxeiros. En concreto, os de Benidorm e Malgrat de Mar son os que presentaron unha maior ocupación das súas parcelas, un 73,1% e un 60,5%, respectivamente.

No entanto, as pernoctacións en cámpings rexistraron en outubro un descenso do 40,6% respecto ao mesmo mes do ano anterior, subindo as de residentes un 4,5%, mentres que as de non residentes baixaron un 67,7%.

Pernoctaciones extrahoteleras en outubro. EPDATA
Pernoctaciones extrahoteleras en outubro. EPDATA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta