(Vídeo) Así é a vida dos estudantes que decidiron vir a Galicia a pesar da Covid: entre restricións e clases online

María Corbera e Fernando Aroca son dous estudantes universitarios de intercambio en Galicia. A pesar da Covid, decidiron non renunciar ao programa SICUE e vir estudar á capital galega. E esta é a súa experiencia.

Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/12/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O Sistema de Intercambio de Centros Universitarios Españois (SICUE) permite, cada ano, que o estudantado de grao de diferentes lugares do país poidan elixir un destino ao que desexen ir e onde poidan estudar a súa carreira.

Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.. EUROPA PRESS - Arquivo
Algúns peregrinos e turistas ante a Catedral de Santiago, na Praza do Obradoiro.. EUROPA PRESS - Arquivo

Esta experiencia permite que os estudantes  disfruten dun ano fóra dos seus fogares para coñecer outras culturas e outras universidades. Porén, este ano, a experiencia SICUE está limitada pola pandemia do coronavirus, que mudou tanto o desenvolvemento normal das materias nos graos universitarios, como tamén cambiou as relacións persoais, limitando os grupos de reunión de persoas a conviventes.

María Corbera, estudante universitaria de Barcelona e Fernando Aroca, estudante universitario de Sevilla cóntannos a súa experiencia de SICUE durante os primeiros meses de curso na capital galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta