Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 18:40
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, confirmou oito casos de cepa británica en Galicia. O maior número de casos corresponden aos da zona da Mariña lucense, un total de seis, que, atópanse, segundo precisou, no seu domicilio e en "corentena". "Como calquera outra persoa que tivese un positivo por PCR", apuntou.
A estes casos, dos que fontes sanitarias xa cualificaran como "compatibles" coa cepa británica, sumou outro en Santiago de Compostela --confirmado hai días polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña-- e un oitavo "en Vigo", precisou.
Sobre esta cepa, recalcou que é "unha mutación do virus". "Pero nada máis, non hai feitos fidedignos que demostren nada máis", apuntou en relación á posible repercusión do mesmo en canto á capacidade de contaxio ou incidencia na persoa afectada. En calquera caso, insistiu en que hai que seguir as "mesmas" medidas que levan recomendando desde o inicio da pandemia, dixo citando, entre elas, o uso de máscara e a distancia social.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.