Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 13:36
O presidente do comité de empresa de Siemens Gamesa nas Somozas, Sergio López (UGT), catalogou de "inxusta e incoherente" a decisión do peche desta planta ao ter "constancia" de que, "por parte de todas as administracións e mesmo algunha empresa eléctrica, estaba a porse encima da mesa axudas de todo tipo" e "alternativas" que a compañía "sempre rexeitou".
Ditas manifestacións realizounas López á saída do primeiro encontro entre a dirección da multinacional e a parte social desde que se comunicou a decisión do peche. Esta reunión desenvolveuse desde as 9,00 horas deste martes na propia fábrica das Somozas. "Hoxe entregáronnos a documentación, nun acto formal. Nun prazo de sete días teremos que constituír unha mesa de negociación", detallou o presidente do comité de empresa, quen concretou que o diálogo se manterá en Madrid debido a que o ERE tamén se presenta para a planta de Cuenca.
Segundo o representante de UGT, unha vez constituída esta mesa de negociación, haberá un prazo dun mes "para chegar a un acordo das condicións dos despedimentos". Así mesmo, ante a decisión do peche da planta das Somozas, López pediu que "o Ministerio de Transición Ecolóxica poña toda a carne no asador e trate que esta empresa recapacite" e "reconduza" a situación.Á súa vez, o sindicalista criticou que non ve "lóxico" que no Estado español "se vaian a instalar bastantes parque eólicos", como está previsto na zona, "e se decida pechar agora esta planta cando en teoría máis oportunidades hai para este sector".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.