Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2021 | Actualizada ás 21:35
Menos dun mes despois de comezar o primeiro Xacobeo binanual xa pende a primeira polémica sobre a actuación da Xunta de Galicia. As críticas, neste caso, non teñen que ver coa xestión turística --imposible ata o momento-- senón co intenso labor de promoción lanzando pola administración Feijóo para promocionar a peza central da súa política económica, de acordo con voces expertas.
Esta promoción foi dende o analóxico --proxeccións en distintos monumentos de Galicia e España-- ao audiovisual, onde a Xunta de Galicia desenvolveu unha auténtica inxección económica con vistas a atraer maior fluxo turístico nos Anos Santos que agardan. O investimento en cuestión concentrouse na produción 3 Caminos, que orbita arredor --como non-- do Camiño de Santiago.
A serie, que polo momento recibiu críticas máis ben frouxas, foi duramente criticada nos últimos días por non estar dispoñible en galego malia ter sido receptora de 1'5 millóns de euros procedentes de fondos autonómicos. A cuestión agudízase de ter en conta que, por riba, a ficción producida coa colaboración da Xunta non estará dispoñible en aberto, senón que só será accesible a través de Amazon Prime Video.
A serie na que a @Xunta mete 1'5 millóns de euros dos galegos e das galegas (si, 1'5M €!) estréase en varios idiomas, pero non no propio dest@s galegos e galegas que a pagamos. Outro éxito da @SXPL. pic.twitter.com/Ju1zY5CEHk
— Nel Vidal Barral (@nelvidalbarral) January 23, 2021
Custa comprender que a grande aposta polo audiovisual galego do goberno do PP de #Feijóo sexa investir 1,5 millóns de euros nunha serie que só podemos ver volvendo pagar nunha plataforma dixital e excluíndo a opción do galego. pic.twitter.com/aJh9CEJ8qG
— Mercedes Queixas Zas (@MercedesQueixas) January 23, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.