Autorizan novamente a conxelar a mellor carne de Galicia polas restricións da covid

A Xunta amplía a autorización para conxelar a carne IGP 'Tenreira Galega'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2021 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A Xunta deu luz verde á ampliación do permiso para conxenlar a carne da Indicación Xeográfica Protexida 'Tenreira Galega' debido ás restricións á comercialización consecuencia das medidas derivadas da crise sanitaria.

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a orde pola que se amplía unha autorización que xa estivo vixente entre o mes de abril e finais de decembro de 2020. Agora, o permiso para conxelar a carne 'Tenreira Galega' estará vixente ata o 30 de xuño deste ano. O produto deberá cumprir os requisitos establecidos para a comercialización de carne conxelada de vacún, especialmente a relacionada coa información ao consumidor sobre o proceso de conxelación e a data de consumo preferente.

Segundo detalla a Consellería do Medio Rural nun comunicado, este permiso foi solicitado polo Consello Regulador das distintas indicacións xeográficas do IGP ante as restricións da pandemia, que afectan á mobilidade de persoas e a actividades como a hostalaría, sector que canaliza "boa parte" da comercialización da carne 'Tenreira Galega'.

Tenreira Galega de Lavaca. LAVACA - Arquivo
Tenreira Galega de Lavaca. LAVACA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta