GC Aberto

Carta aberta a Ana Pontón

Alédome muito que desde o BNG se estea prestando ao fin unha atención merecida ao Bierzo co que nos unen tantos elementos histórico-culturais e linguísticos ao facer parte no pasado da Galiza histórica. Mais, querida Ana, os camiños do atallo son camiños do…

Por admin | Lousame | 02/02/2021

Comparte esta noticia

A recente proposición non de lei presentada polo BNG no Parlamento galego defendendo o Bierzo como provincia e a súa posibel incorporación a Galiza como a quinta provincia é algo que comparto totalmente sempre que sexa a vontade maioritaria do pobo, proba do cal é o meu apoio presencial á presentación de A Quinta en Ponferrada e tamén o ser secretaria  de Ligando, unha organización política cuxo ámbito territorial non inclúe só Galiza senón tamén o Eo-Navia e o Bierzo.

Momento do vídeo difundido polo BNG en que Ana Pontón, a portavoz nacional, explica a postura en contra aos orzamentos do estado. BNG1
Momento do vídeo difundido polo BNG en que Ana Pontón, a portavoz nacional, explica a postura en contra aos orzamentos do estado. BNG1

Até aquí todo ben, mais como é posibel que ti, como dirixente e secretaria do BNG así como recoñecida feminista, aceptes colaborar cun partido como Coalición polo Bierzo que non é capaz de condear abertamente a presunta violencia machista sen ningún lugar a ambigüidade?. Un partido que -como ben manifestaron a Plataforma contra as Violencias Machistas e os colectivos feministas de mulleres do Bierzo- calificou públicamente de intachabel a conducta política do seu anterior presidente, Pedro Muñoz, aínda hoxe no cárcere acusado de presuntos actos de violencia machista con intento de homicidio e malos tratos continuados contra a súa muller Raquel Díaz, tamén da mesma Coalición política.

Lembrarte que mentres o BNG lanzaba a campaña do pasado 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co lema A violencia machista segue aí e ti declarabas que non iades permitir que a violencia de xénero pasara a un segundo plano, co tapabocas tapando os ollos, a presunta víctima Raquel declaraba como o seu home e expresidente de CB a lanzaba ao vacío desde a terraza da vivenda e lle daba unha malleira durante o confinamento da pandemia consecuencia da cal aínda hoxe padece unha complicada situación neurolóxica cunha paraplexia.

Non podo entender, Ana Pontón, que como feminista non esixas da Coalición polo Bierzo un comunicado de apoio á presunta víctima e unha condea contundente contra o presunto agresor antes de colaborar con esa organización.

Atentamente
IOLANDA TEIXEIRO REI
Secretaria de organización de LiGanDo-LGD

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 José

Vexamos o siloxismo: todas as persoas que apoian á Quinta son da Coalición do Bierzo - O BNG apoia á Quinta-O BNG apoia a un maltratador. Si, pero..., non todo o mundo que apoia á Quinta é da CpB.

1 Gamela

Aquí só din que o BNG colabora con CB (supoño que non todos os membros de CB sexan "maltratadores") ou...?

1 Gamela

Está ben sabelo... e moi ben falado ! Por certo como están os ánimos na Quinta Provincia ? Haberá Referendum de Autodeterminación ou non ?