Galicia, "á cola" de toda a Unión Europea en materia de reciclaxe: "o 85% dos residuos son incinerados"

Unha alianza ecoloxista denuncia ante a Comisión Europea os baixos niveis de reciclaxe de todo o Estado, un problema no que pesa moito o "modelo Sogama" de Galicia. ""

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Nova alianza entre o movemento ecoloxista galego a diversas asociacións do resto do Estado. 16 entidades sociais de todo o territorio veñen de se aliar cun obxectivo común: denunciar ante a Comisión Europea o "baixo" nivel de reciclaxe conseguido no Estado español. A alianza, entre a que se conta Amigos da Terra ou Ecoloxistas en Acción, pretende facer chegar a instancias europeas o que consideran un "incumprimento" da normativa de xestión de residuos municipais.

Planta de Sogama en Cerceda (A Coruña)
Planta de Sogama en Cerceda (A Coruña)

Segundo apuntan as asociacións asinantes, a normativa europea esixía ao Estado "reutilizar e reciclar o 50% dos residuos municipais en 2020". Segundo as mesmas fontes, as cifras reais seguen lonxe deste limiar, "xa que se sitúa por baixo do 35%".  “Todas as prospeccións sobre a preparación para a reutilización e reciclaxe en 2020 obrigan a pensar que no Estado español non se cumprirán os obxectivos establecidos pola Directiva 2008/98/CE”, reza a denuncia presentada por este grupo de colectivos.

O problema, destacan, podería vir motivado en boa medida polas deficiencias arrastradas no "modelo Sogama" que impera en Galicia. De acordo coas mesmas fontes, o territorio galego sitúase como "unha das comunidades con peores datos", xa que ten unha taxa de reciclaxe que, nos números máis "optimistas", queda cifrada en apenas un 20%; proporción que estaría a lastrar a media estatal, segundo as asociacións asinantes.

"Á COLA DA UE"

As 16 plataformas asinantes apuntan así directamente á empresa conformada man a man pola Xunta de Galicia e Naturgy. A diferenza do modelo doutras comunidades, Sogama centraliza a xestión de residuos de toda Galicia nun só punto do territorio, un feito que, apuntan os asinantes, ten que ver con que Galicia estea "á cola non so do Estado senón de toda a unión Europea en termos de reciclaxe".

Segundo destacan as mesmas fontes, o actual sistema de recolección e xestión de residuos en Galicia implicaría que un "restante 85%" do residuos en cuestión ten por destino final a incineración, provocando maiores emisións á atmosfera. “Nun escenario de emerxencia climática como no que nos atopamos, non podemos permitirnos seguir mantendo un modelo como Sogama, extremadamente centralizado baseado na queima e o vertido de recursos e que non é quen de se quera achegarse aos obxectivos esixidos pola Unión Europea, mantendo a Galicia á cola do estado e mesmo de Europa ”, declara María Durán, de Amigos da Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta