Sen casos positivos tras o cribado en Sanxenxo logo do contaxio do alcalde

Segundo informan fontes do Consistorio, foron un total de 51 probas, todas elas con resultado negativo, realizadas un día despois de que o xoves transcendese o positivo do alcalde, o popular Telmo Martín.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 13/02/2021 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O cribado por PCR realizado a todos os traballadores do Concello de Sanxenxo e aos efectivos de emerxencias non detectou ningún novo caso de covid-19.

Segundo informan fontes do Consistorio, foron un total de 51 probas, todas elas con resultado negativo, realizadas un día despois de que o xoves transcendese o positivo do alcalde, o popular Telmo Martín.

Tras coñecer que se contaxiou de covid, o rexedor comunicou que se confinaba no seu domicilio e que se atopaba "ben", con "unhas décimas de febre", polo que continúa traballando desde alí.

Telmo Martín
Telmo Martín

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta