Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2021 | Actualizada ás 11:59
Galicia rexistrou tres terremotos, uno este martes no concello lucense de Triacastela, de 2.2 de magnitude, e outros dous no municipio do Carballiño --un na media tarde deste martes, de 1.9 na escala de Richter e o segundo na madrugadade este mércores, de 1.8 de magnitude--.
En Triacastela, o epicentro do sismo situouse no núcleo de Guilfrei e produciuse ao redor de unha da madrugada, mentres que no Carballiño, os sismos tiveron como epicentro a Praza de Veracruz.
O municipio ourensán xa rexistrara outro movemento sísmico o pasado 30 de xaneiro, tamén de baixa intensidade -1,9--. Ningún dos concellos afectados rexistrou incidencias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.