Feijóo critica a radicalización do BNG por “copiar a vascos e cataláns” e pídelle que volva á época de Quintana

“Espero sentarme cun partido nacionalista que cumpra as regras de xogo e sexa democrático e non copie as receitas independentistas de cataláns e vascos”, di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/02/2021 | Actualizada ás 15:14

Comparte esta noticia

O que está acontecendo co nacionalismo galego últimamente é preocupante e o digo como presidente dos galegos. O BNG non perde ocasión en facerse unha foto cun prtido independentista dun estracto violento como Bildu, un partido antisistema como a CUP ou un partido independentista como ERC”. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse moi molesto coa “deriva independentista” do nacionalismo galego, especialmente, tras a comparecencia de prensa conxunta con partidos soberanistas o 23F no Congreso.

De feito, o presidente galego lembrou a época do BNG de Anxo Quintana, ou mesmo de Xosé Manuel Beiras, cando mantiña acordos con forzas nacionalistas “constitucionalistas” como CiU ou PNV. “O de agora non é moi común. É certo que flirteou con organizacións vascas violentas nalgún momento –en alusión a Herri Batasuna--, pero pechou ese proceso e abriu outro cun nacionaliso non montaraz co PNV e CiU . Daquel BNG non queda nada”, dixo.

Por iso, acusou ao Bloque de entregarse á estratexia dos partidos soberanistas vascos e catalańs. “Agora converteuse nun partido independentista, xa non tanto polas fotos que fai, senón polos manifestos que asina”, indicou. “E que agora copian aos máis radicais de España, os que socaban os principios democráticos. E que se pase agora ao rupturismo non é o máis axeitado”, engadiuen respsota a unha pregunta de La Voz de Galicia sobre se este novo xiro do nacionalismo galego fai difícil que se poida pactar con el.

“Se quere falar de Galicia eu estou para atendelos, pero quere facelo cun modelo rupturista, soberanista e independentista pois vou denuncialo”, respostou porque “Galicia non se defende copiando modelos independentista e rupturistas de Cataluña”.  “Estamos nunha comisión de reactivación e ógalla poidamos chegar a acordos. Pero, unha cousa son xestos e outros os contidos. E o xesto da moderación co do contido rupturita é incompatible. Espero que cambien. Espero sentarme cun partido nacionalista que cumpra as regras de xogo e sexa democrático e non copie as receitas independentistas de cataláns e vascos”, concluíu.

Manifestación nacionalista a favor da independencia do País Vasco
Manifestación nacionalista a favor da independencia do País Vasco | Fonte: wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 nostrus

Es que el bloque es el mismo tanto antes comoahora. La diferencia está en que en algún momento se coloca el disfraz de corderito para no asustar tanto y engañar a los que se dejan engañar, pero pordentro el bloque es y será una secta intolerante y totalitaria hasta donde pueda. A pesar de ello puede resultar inocuo si la ciudadania pasa de ellos y los dejan solos con sus monsergas y tonterias maniáticas. Pretenden construir una Galicia virtual basada en creencias y supersticiones ficticias engendradas en sus mentes en la que los gallegos seríamos unos autómatas al capricho de unos líderes espirituales que decidirian por nosotros. El bloque está para justificar que en Galicia hay de todo.