O coronavirus perde peso nas residencias, que hoxe rexistran 33 positivos

Os contaxios correspóndense con 27 usuarios e seis traballadores.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2021 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Os casos de coronavirus en residencias de maiores en Galicia mantiveron a tendencia descendente e reducíronse a 33, dos que 27 se corresponden con usuarios e seis son traballadores.

Segundo o boletín diario actualizado este sábado polas consellerías de Política Social e Sanidade, detectáronse tres novos positivos en usuarios da residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia. Mentres, retirouse do cómputo por negativizar un usuario de cada unha das seguintes residencias: DomusVi Carballo, MiCasa Ferrol, Viana do Bolo e A Milagrosa da Coruña.

O centro máis afectado é a residencia Santa Mariña de Xinzo de Limia, con 10 positivos, seguida por DomusVi Laraxe de Cabanas, con nove; e MiCasa de Ferrol, con cinco. Tamén hai dous residentes contaxiados na Milagrosa da Coruña e un en Fogar Residencial Xardín Castro Lareira de Salceda de Caselas.

Pola súa banda, os casos en traballadores destes centros caeron a seis tras dar negativo un profesional da residencia Servisenior de Brión e outro do centro A Nosa Señora das Virtudes de Pontedeume. Así, hai un membro do persoal con COVID-19 nos centros Matogrande, Fogar Residencial de Cerceda, DomusVi Laraxe de Cabanas, a residencia de maiores de Caranza, MiCasa de Ferrol e As Gándaras de Lugo.

Os centros de atención á discapacidade mantivéronse sen traballadores contaxiados e os usuarios con coronavirus reducíronse a tres: dous na Residencia Adultos Pai Menni de Betanzos e un na nosa Señora de Fátima e Cristo Rei de Crecente. Ademais, negativizou un residente da residencia Aspanaes das Pontes.

Primeira dose da vacina de Pfizer
Primeira dose da vacina de Pfizer | Fonte: POOL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta