Segundo incendio no Xurés en menos de tres días

Foi un conato que afectou á Serra do Xurés en Lobeira.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/03/2021 | Actualizada ás 21:20

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou este luns da extinción dun conato de incendio iniciado esta tarde no municipio ourensán de Lobeira.

En concreto, segundo a informacion proporcionada pola Xunta, o lume arrincou sobre as 19,30 horas na parroquia de Fraga e foi extinguido ao redor das 20,16 horas.

As chamas afectaron a 0,02 hectáreas de monte raso pertencentes ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción participaron un axente, dúas brigadas e 1 motobomba.

Santa Eufemia calcinada, no Xurés. Desde a zona do río Cabril, no lado portugués de Santa Eufemia-Serra Amarela
Santa Eufemia calcinada, no Xurés. Desde a zona do río Cabril, no lado portugués de Santa Eufemia-Serra Amarela | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta