A Xunta amplía as axudas ante ataques do lobo en plena polémica pola súa protección

As contías en caso de gando morto veranse incrementadas nun 30% en 22 novos concellos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/03/2021 | Actualizada ás 12:08

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incluíu a 22 novos concellos na lista de municipios que se poderán beneficiar dun incremento do 30 por cento do importe da axuda para paliar os danos que provoca o lobo en explotacións gandeiras.

Así, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha modificación da Orde pola que se convocaban estas axudas, para ampliar a lista de concellos beneficiados. Tras iso, a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, comunicou esta decisión a Unións Agrarias, Sindicato Labrego de Galicia e Asociación Agraria de Galicia.

En concreto, os concellos engadidos á lista son A Laracha, Lousame, Ortigueira, Oza-Cesuras, As Somozas, Chantada, Guntín, Lugo, Paradela, Sarria, O Saviñao, Taboada, Viveiro, Xove, Castro Caldelas, Celanova, Nogueira de Ramuín, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Pontevedra e Silleda.

Desta forma, xa son 96 localidades en toda Galicia que se poden acoller ao incremento da contía nesta orde de axudas pola súa "maior probabilidade de incidencia de danos por lobo". Do total de municipios, 21 sitúanse na provincia da Coruña, 36 en Lugo, 27 en Ourense e 12 en Pontevedra.

As axudas concedidas variarán segundo as especies afectadas e as súas idades, partindo de 26 euros por un exemplar de gañado ovino/caprino adulto e 1.817 euros dunha vaca de raza autóctona de entre 2 e 6 anos de idade. Estas contías incrementaranse nun 30 por cento cando afecte a explotacións destes concellos.

Un lobo ibérico . Carlos Castro - Europa Press - Arquivo
Un lobo ibérico . Carlos Castro - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta