O caos da vacinación de Santiago podería ter sido provocado por un robot do Sergas

Sanitarios sinalan a "falta de organización" de Sanidade como orixe da aglomeración vivida no Gaiás. "Moitos non sabían nin o día nin á hora á que foran citados", aseguran dende a APSX.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2021 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Volve pender polémica sobre o Sergas a raíz do proceso de imnunización contra a covid-19. Se semanas atrás eran colectivos preferentes como policías e garda civís os que lamentaban os “retrasos” na vacinación, hoxe as críticas ao Servizo Galego de Saúde veñen de parte dos seus propios sanitarios, que lamentan a “falta de información” da entidade dependente da Consellería de Sanidade á hora de xestionar os cambios no proceso de vacinación.

Colas e aglomeracións no arranque da vacinación masiva en Santiago. ÁLVARO BALLESTEROS
Colas e aglomeracións no arranque da vacinación masiva en Santiago. ÁLVARO BALLESTEROS

En concreto, a denuncia do persoal vén canalizada a través da Asociación de Persoal de Servizos Xerais do Sergas, que vencella as situacións de colapso como a vivida en Santiago de Compostela días atrás á falta de organización do Servizo. Segundo explican nun documento remitido a Galicia Confidencial, a vacinación de tramos etarios anteriores --por exemplo, o dos maiores de 80 anos-- foi realizada mediante equipos de citación persoais. Porén, para o caso de novas etapas --os de 70 a 79, segundo explican-- o mecanismo está a ser distinto. E é aí onde se atopa a orixe do caos vivido.

“A citación para a vacina contra a covid-19 das persoas de 70 a 79 anos estase a realizar mediante un robot e SMS. Como consecuencia disto, os usuarios están acudindo en masas aos centros de saúde e PAC porque moitos deles a pesares de ter recibido unha chamada non saben nin o día, hora ou lugar no que foron citados”. A Asociación de Persoal de Servizos Xerais sinala así directamente á administración do Servizo polas longas colas vividas días atrás en emprazamentos como o Gaiás compostelán.

"IMAXE PÉSIMA"

Segundo destacan, a “falta de comunicación interna” que tería dado lugar a esta situación “non é algo novo para nós”. “Xa hai moito tempo que nos enteramos das novidades que afectan ao noso traballo a través dos medios de comunicación”, subliñan antes de engadir que “fai imposible que poidamos dar un servizo digno e de calidade aos usuarios”.

Por esta razón, os profesionais adscritos á APSXG lamenta a “imaxe pésima e pouco profesional” que os sucesos acontecidos nos últimos días dan, ao seu ver, da sanidade pública galega; unha problemática ante a cal urxen a tomar cartas no asunto para procurar e solucións e garantir o “bo funcionamento do noso sistema de saúde”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Jose Márquez

A min hoxe tratáronme de pena no meu centro de saúde e no servizo de atención ao paciente do Chuac e non eran robots. E outra cousa. Hai un montón de persoas de máis de 80 anos aínda sen vacinar, por exemplo a miña nai 88 anos e grupo de risco.