Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/04/2021 | Actualizada ás 21:16
O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia decidiu na súa reunión deste martes que os concellos do Grove (Pontevedra), A Pobra (A Coruña) e Carballeda e Cualedro (Ourense) continúen con máximas restricións na loita contra a covid-19.
O órgano de expertos, sinala un comunicado, determinou o nivel alto para as localidades de Marín, Meaño, Ribadumia, Vilanova de Arousa, Padrenda, Cortegada, O Barco, Rubiá, Lobeira, Muíños, Petín, Meira, Ribeira e Cambre.
As medidas de nivel medio estarán en Trabada, Barreiros, Lobios, Cartelle, Cambados, Catoira, Vilagarcía de Arousa, A Illa, Meis, Sanxenxo, Cangas, Gondomar, Ponteareas, Vigo, Boiro, Rianxo, Carral, Muxía, As Pontes de García Rodríguez e Ortigueira.
O resto de núcleos seguirán no nivel medio baixo. Todas estas medidas, indica a nota, entrarán en vigor ás 00:00 horas do próximo venres
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.