Feijóo aplaude o labor dunha asociación condenada por tentar usar fondos públicos de forma fraudulenta

Alar Galicia foi condenada en 2016 a readmitir un traballador logo de despedilo para colocar no seu lugar a unha persoa afín aproveitando unha subvención.

Por Iago Codesido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/05/2021 | Actualizada ás 12:33

Comparte esta noticia

"Os poderes públicos non están sós na misión de garantir o dereito ao traballo dos cidadáns. Alar Galicia leva 20 anos nesta tarefa, que é a mellor política social". Así gababa o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o labor da entidade Alar Galicia, coa que o xefe do executivo galego mantén intencións de "colaboración intensa e leal", segundo apuntou nun chío publicado na mañá do mércores 5 de maio.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión coa ministra de Economía na sede do Ministerio, a 30 de abril de 2021, en Madrid (España). Esta reunión pretende abordar a crise que viven varias industrias galegas, as. A. Pérez Meca - Europa Press
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión coa ministra de Economía na sede do Ministerio, a 30 de abril de 2021, en Madrid (España). Esta reunión pretende abordar a crise que viven varias industrias galegas, as. A. Pérez Meca - Europa Press

A intervención de Feijóo na resaca das madrileñas chega con polémica, porque a entidade que gaba, Alar Galicia, foi condenada en 2016 por despido irregular e empregar fondos públicos de forma fraudulenta por un xulgado lucense, segundo publicou no seu momento o diario El Progreso. De acordo coa información do xornal lucense, a empresa viuse obrigada a readmitir a un traballador que despedira para poder contratar a outro no seu lugar con fondos públicos.

"A maxistrada do xulgado do Social número 3 de Lugo considera que a asociación cometeu fraude de lei e tentou valerse do diñeiro público para asalariar a persoas afíns", apuntan nunha información que deixa poucas dúbidas sobre a sentencia en cuestión. Ao parecer, Alar Galicia despediu a tres traballadores tan só dous días despois de ser contratados --incumprindo así o período mínimo de proba esixido-- para logo poder dar eses postos a persoas que xa estiveran previamente na asociación. Iso si, pagados xa con diñeiro público.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta