A Xunta pasará unha factura aos propietarios de leiras que non as limpen a 31 de maio

A Xunt informa das novidades do Pladiga 2021: Unidade de investigación de lumes, alza de parroquias de alto risco e máis cámaras.

Por Europa Press / Redacción | Santiago | 24/05/2021 | Actualizada ás 12:10

Comparte esta noticia

O plan de loita contra o lume da Xunta (Pladiga) inclúe para a campaña de 2021 novidades como: a creación dunha unidade de investigación de incendios forestais, o incremento de parroquias de alto risco e un aumento da videovixilancia.

Deste xeito, mantense un operativo con 7.000 efectivos entre medios da Consellería de Medio Rural e outras institucións, cun investimento que alcanza os 180 millóns de euros entre prevención e extinción.

Reunión do Consello Forestal sobre o Pladiga. XUNTA
Reunión do Consello Forestal sobre o Pladiga. XUNTA | Fonte: Europa Press

En declaracións á prensa e preguntado por como avanzan as rozas, o conselleiro de Medio Rural, José González, dixo que "se está facendo a limpeza". Con todo, fai un chamamento a propietarios a limpar as súas leiras antes do 31 de maio. Unha vez se chegue o 31 de maio, segundo figura na lei de prevención de incendios, a responsabilidade subsidiaria corresponde aos concellos.

Aquel propietario que o 31 de maio non realizase a roza, recibirá unha carta do seu municipio na que se lle informa de que se non fai a limpeza, encargarase de forma subsidiaria á empresa pública Seaga para, posteriormente, cargarlles os custos.

O responsable de Medio Rural apela a atallar a maleza, dado que "en Galicia crece todo de modo extraordinario". Neste sentido, lembra que están activas diferentes fórmulas como o convenio entre Xunta, Fegamp e Seaga, ao que están adheridos 269 municipios.

Ademais, en maio entrou a traballar a parte do dispositivo que está contratada para seis meses, de forma que "agora vanse a intensificar os traballos de prevención", nunhas tarefas nas que se contará cun número "importante" de tractores rozadora. Todo iso para "afrontar a tempada coas maiores posibilidades de anticiparse aos incendios".

INVESTIGACIÓN

José González, explicou que a nova unidade de investigación estará desvinculada das tarefas de extinción, mentres vai depender directamente da Dirección Xeral de Defensa do Monte e terá competencia en todo o territorio. Ademais, contará cos medios suficientes para "detectar a aqueles que, de modo intencionado, causan os incendios forestais".

Así o expuxo antes de participar nunha reunión do Consello Forestal de Galicia para expor o Pladiga, paso previo a levar o plan ao Consello da Xunta. Pola súa banda, fontes da Consellería de Medio Rural explican a Europa Press que as parroquias de alto risco de incendio serán este ano 35, sete máis que as 28 de 2020.

MELLORAS TECNOLÓXICAS E DE MEDIOS

Igualmente, haberá melloras tecnolóxicas do servizo, entre as que se atopa facilitar o acceso en tempo real aos equipos de extinción "dos datos que lles permita ser eficientes" nese traballo, segundo apunta o conselleiro.

Ademais, incorpóranse 22 videocámaras, que están "a mostrar o seu bo funcionamento". Tamén haberá unha ducia de drones para axudar na prevención e na extinción. Resalta que xa se entregaron este ano 11 motobombas, ás que se unirán seis máis, á vez que se está "renovando todo o parque móbil do servizo de extinción". Xunto a isto, vaise a buscar "trasladar á cidadanía" o custo das tarefas de extinción.

Tamén fixo mención á nova base de medios aéreos coa que se conta no sur de Galicia, así como ao centro integral de loita contra o lume de Toén (Ourense), que "estes días están a iniciar" o seu traballo. Paralelamente, refórmanse as instalacións do servizo en Verín (Ourense), o distrito máis afectado por incendios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gvza

Mientras tanto, los montes de titularidad pública, abandonados a selva. Igual que las zonas de servidumbre bajo líneas eléctricas de alta tensión. A Naturgy no hay huevos (en la Xunta) a exigirle que limpie....