FADEMGA pide priorizar a vacinación para as persoas con discapacidade intelectual

A asociación leva dende xaneiro transladando a petición á Consellería de Sanidade, sen obter resposta.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 01/06/2021 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Federación Galega de Asociacións de Persoas con Discapacidade Intelectual (FADEMGA) piden unha priorización das vacinas para as persoas con discapacidade intelectual usuarias de centro dirunos, ocupacionais e servizos ocupacionais. A asociación solicita á Xunta e á Conselleria de Sanidade que se teña en conta a este colectivo, pois Galicia, xunto con Madrid e Castela León, son as únicas comunidades que non priorizaron a este sector. 

Unha profesional sanitaria sostén un viario coa vacina de Janssen contra o Covid-19.. Eduardo Sanz
Unha profesional sanitaria sostén un viario coa vacina de Janssen contra o Covid-19.. Eduardo Sanz | Fonte: Europa Press - Europa Press

FADEMGA leva dende xaneiro trasladando esta petición á Consellería de Sanidade, obtendo por resposta que a estratexia de vacinación vén marcada polo plan nacional. Porén, a Asociación recorda que outras comunidades xa vacinaron a este colectivo, e que é posible levar a cabo a vacinación "de existir vontade política".

A última petición por parte de FADEMGA enviouse o pasado 28 de maio, na que a asociación translada á Xunta e á Consellería de Sanidade a reinvindicación, sen obter resposta. 

A petición débese a que o colectivo de persoas con discapacidade intelectual leva soportando limitacións superiores ao resto da poboación por mor da pandemia, tales coma o peche de centros ou as limitacións de terapias. Ademais, en moitas ocasións as persoas contan con patoloxías asociadas e dificultades para o uso de máscaras. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta