Asturias destina 4.000 libros dos seus fondos bibliográficos a 300 centros escolares

A Dirección Xeral de Política Llingüística dispón dun fondo de exemplares en asturiano e galego-asturiano.

Por Europa Press / Redacción | OVIEDO | 05/06/2021 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A Consellería de Cultura, Política Llingüística e Turismo, a través da Dirección Xeral de Política Llingüística, seleccionou 4.000 exemplares dos seus fondos bibliográficos para destinalos a 301 centros educativos.

Os libros escollidos por Cultura formarán parte das bibliotecas escolares de centros docentes de Primaria e Secundaria, aos que chegarán a finais de mes. Para realizar a selección, Política Llingüística baseouse nesas etapas educativas, dando prioridade á doazón de libros en asturiano e en galego-asturiano en función do ámbito de uso destas linguas.

Segundo informou o Goberno asturiano, a iniciativa forma parte da campaña de distribución de fondos bibliográficos Ler presta, que se completará o próximo ano co envío de libros ás bibliotecas autonómicas e municipais.

A Dirección Xeral de Política Llingüística dispón dun nutrido fondo de exemplares en asturiano e galego-asturiano para a súa incorporación a bibliotecas dos centros escolares e ás de titularidade autonómica e municipal, co fin de apoiar o ensino e a aprendizaxe en asturiano e galego-asturiano.

Libros. Óscar J.Barroso - Europa Press
Libros. Óscar J.Barroso - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta