Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2021 | Actualizada ás 18:36
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, sinalou que o sector da construción é un alicerce para a "materialización" dos programas deseñados para a reactivación e recuperación da economía. Así o trasladou na reunión mantida polo representante do Executivo central na Comunidade galega coa xunta directiva da Federación Galega da Construción.
Alí, Miñones resaltou a "fortaleza" do sector en Galicia, que concluíu o ano 2020 "cun crecemento de negocio dun 2%", segundo recolle un comunicado remitido aos medios pola Delegación do Goberno este sábado.
Tras incidir na "resiliencia" da construción galega, o delegado do Goberno apuntou que esta estabilidade "os sitúa nunha posición inmellorable para a execución dos fondos europeos".
Neste sentido, lembrou que as actuacións a desenvolver polo Miniterio de Transportes representan "o 28%" do plan de resilencia e, en números, supoñen "20.000 millóns en programas de mobilidade sustentable, vivenda e rexeneración urbana".
Por tanto, Miñones subliñou ante os representantes do sector da construción de Galicia "o compromiso" do Goberno coa obra públicia "como panca para a reactivación económica".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.