Por X.M. Fernández | Verín | 05/06/2021 | Actualizada ás 23:05
Considerando a importancia do papel político, social e institucional de Santiago Cid Harguindey, o concello decreta tres días de loito oficial. Durante este tempo as bandeiras situadas no exterior da casa consistorial ondearán a media asta como sinal de duelo e respecto.
Tamén se gardará un minuto de silencio no vindeiro pleno que celebre a corporación municipal.
O alcalde, Gerardo Seoane Fidalgo, en nome da corporación municipal traslada o seu máis sentido pésame aos seus familiares e amigos polo pasamento de Santiago Cid Harguindey.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.