Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2021 | Actualizada ás 18:01
O saldo do comercio exterior galego situouse en case 392,93 millóns de euros en abril tras crecer un 147,2% as exportacións en relación co mesmo mes do ano anterior, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).
As importacións, mentres, incrementáronse un 90,3%, ata alcanzar os 1.516,84 millóns de euros na comunidade galega o cuarto mes do ano.
O peso de Galicia no conxunto de España, en abril de 2021, ascende ao 7,4% no total de exportacións e ao 5,6% nas importacións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.