Ramón Núñez Centella, "promotor da nova museoloxía científica", Premio RAGC de Divulgación Científica 2021

A Academia recoñece así a súa “ampla e frutífera” traxectoria no eido da divulgación científica en Galicia, e en particular, o seu traballo pioneiro na creación de museos de carácter científico na comunidade galega e noutras rexións de España

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/06/2021 | Actualizada ás 11:49

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) concede o Premio RAGC de Divulgación Científica 2021 ao divulgador científico Ramón Núñez Centella, considerado o promotor da nova museoloxía científica en España. A Academia recoñece con esta concesión a súa “ampla e frutífera” traxectoria no eido da divulgación científica en Galicia, e en particular, o seu traballo pioneiro na creación de museos de carácter científico na comunidade galega e noutras rexións de España “o que o converten nunha figura senlleira da divulgación da ciencia, merecedor do premio”.

Ramón Núñez Centella, divulgador científico
Ramón Núñez Centella, divulgador científico | Fonte: remitida

Núñez Centella considera que é, quizais, o recoñecemento máis importante que tivo na súa vida profesional. Nun comunicado, destaca tamén o valor que para el ten a RAGC, institución que tivo entre os seus fundadores persoas que foron mestres ou referentes na súa xuventude, como Luis Iglesias, Enrique Vidal Abascal, Isidro Parga Pondal ou Domingo García Sabell. 

Ramón Núñez Centella (A Coruña, 1946) é divulgador científico. Fillo, neto e bisneto de mestres. Moncho Núñez mudou a súa orientación profesional da industria química á educación das ciencias e logo á divulgación e mais á museoloxía. 

É licenciado en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Master of Arts en Educación das Ciencias pola New York University (NYU). Concibiu e deseñou os tres museos científicos coruñeses de titularidade municipal –Casa das Ciencias, Domus (Casa do Home) e Aquarium Finisterrae (Casa dos Peixes)–, creados e financiados polo Concello da Coruña, desde a súa creación ata 2008. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta