Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2021 | Actualizada ás 18:12
O Diario Oficial de Galicia publica este martes a modificación do seu regulamento interno do Consello Económico e Social (CES) que foi aprobada, en primeira votación por unanimidade , no pleno de finais de maio.
O obxectivo desta modificación, segundo informou no seu día o organismo, é a de adecuar o texto aos últimos cambios da lei de creación do organismo.
O principal cambio incumbe á súa composición e no regulamento publicado ratifícase que o órgano estará composto por un total de 37 membros, incluída a persoa que ocupe a Presidencia.
Así mesmo, modificouse a redacción para incorporar ao texto regulador unha linguaxe inclusiva e non discriminatorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.