Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 14:00
A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, condenou aos dous acusados --a penas de 11 meses e un ano e nove meses de cárcere-- de agredir e cortar a nádega dun individuo nunha festa no municipio coruñés de Vedra, tras recoñecer os feitos e aceptar a condena no xuízo celebrado este mércores.
Segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os dous condenados deberán indemnizar á vítima con 2.500 euros polos prexuízos que lle causaron.
Así, N.C.C. aceptou ser condenado, como autor dun delito de lesións agravadas, a un ano e nove meses de cárcere, así como á prohibición de comunicarse e aproximarse á vítima durante un ano e nove meses. Polo delito de malos tratos de obra, impuxéronlle o pago dunha multa de 180 euros.
O outro acusado, D.S.F., aceptou ser condenado a 11 meses de prisión por cometer un delito de lesións e a prohibición, durante o mesmo período, de comunicarse e aproximarse á vítima.
Segundo consta no escrito de Fiscalía, os feitos ocorreron o 16 de xuño de 2018 no Campo da Festa de San Xián de Sales. Nun momento dado, un grupo de persoas entre as cales se atopaban os dous acusados, que xa contan con antecedentes penais, comezaron a increpar á vítima e acabaron propinandolle golpes e patadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.