Falece Xaquín Álvarez Corbacho, o primeiro alcalde do Grove e destacado académico

CCOO lamenta o falecemento do "colaborador activo do sindicato e da súa fundación".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/06/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

Xaquín Álvarez Corbacho falece aos 79 anos. O seu compromiso coa loita pola democracia levouno a ser o primeiro alcalde democrático no Grove polo PCG dende o 1979 ao 1981. Nos anos 80 conseguiu a cátedra de docencia pública da USC. Foi vicerreitor de Asuntos Económicos e docente na Universidade da Coruña como catedrático de Economía. Ademais, foi designado membro do consello de Contas de Galicia. 

Xaquín Álvarez Corbacho
Xaquín Álvarez Corbacho | Fonte: CCOO

O sindicato Nacional de CCOO de Galicia lamenta o falecemento de Xaquín Álvarez Corbacho, quen "sempre puxo desinteresadamente o seu coñecemento e prestixio académico a disposición do sindicato e da sociedade galega".

Dende a Fundación 10 de Marzo tamén destacan a colaboración do profesor con CCOO e a súa aportación en libros colecticos editados pola fundación. A Fundación 10 de Marzo e o Sindicato Nacional de CCOO destinguírono en 2013 cun dos Premios 10 de Marzo que entregan anualmente a persoas significativas na loita polas liberdades e en defensa da clase obreira. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta