Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2021 | Actualizada ás 21:35
Galicia Confidencial acaba de poñer en marcha unha iniciativa en colaboración co Refuxio de Bando para fomentar ás adopcións dos animais que levan máis tempo nas instalacións ou aqueles que por algún motivo necesitan un fogar de forma máis urxente.
Na nosa canle de Instagram iremos publicando periodicamente algún dos casos que o Refuxio de Bando considera que son máis salientables para aumentar a difusión e as posibilidades de que estes animais encontren unha segunda oportunidade nun novo fogar. Este mércores, 7 de xullo, acabamos de publicar o caso de Creke, un can que leva xa seis anos no refuxio e está desesperado por encontrar unha casa onde lle poidan dar os mecos que precisa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.