TVE entrevistará a Feijóo como parte do seu 50 aniversario

A cita terá lugar o vindeiro luns 19.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/07/2021 | Actualizada ás 20:54

Comparte esta noticia

O Centro Territorial de Radio Televisión Española (RTVE) en Galicia cumpre 50 anos o vindeiro domingo, 25 de xullo. Serán unhas 'vodas de ouro' que a corporación pública celebrará cunha programación especial ao longo de toda a semana.

Durante os próximos días, a delegación de Galicia emitirá o 'Telexornal' desde catro lugares emblemáticos. En concreto, o luns 19 será desde os exteriores do Centro Territorial, ao pé xusto da ruta xacobea, a só sete quilómetros da Catedral. Ese mesmo día, haberá unha entrevista ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e recibirase ao presidente de RTVE, José Manuel Pérez Tornero.

O martes 20 a cita será na Cidade da Cultura, con vistas á cidade e por onde entra a Vía da Prata de peregrinación. O mércores 21 a emisión será desde o Parque da Alameda, preto da Catedral.

O percorrido terminará o xoves 22 na Praza do Obradoiro cun programa dunha hora de duración no que volverán verse dous rostros moi coñecidos na historia dos informativos galegos: Tareixa Navaza e Xoán Barro, que acompañarán a Ana Zas na presentación. Así mesmo, actuará o dúo galego 'Verto'.

Os programas desta semana recuperarán material do arquivo de TVE, pero tamén pretenden achegar unha "reflexión sobre o momento actual e o futuro próximo", con reportaxes sobre "os retos" que ten Galicia e "a visión e inquietudes" das xeracións novas, segundo explica a corporación nun comunicado.

Arquivo - Centro de Radio Televisión Española (RTVE) en Galicia, en Santiago de Compostela.. RTVE - Arquivo
Arquivo - Centro de Radio Televisión Española (RTVE) en Galicia, en Santiago de Compostela.. RTVE - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta