Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 13/08/2021 | Actualizada ás 18:05
O sur das provincias de Lugo e Ourense continuará este sábado en aviso amarelo por altas temperaturas ao estar previstas temperaturas superiores aos 36 graos centígrados.
O sur destas provincias, así como a conca do Miño ourensán, permanecerán unha xornada máis en alerta pola onda de calor, que manterá en aviso máximo a outras oito provincias de España.
En Galicia, os efectos da primeira onda de calor do verán espéranse máis suaves que no resto da península, aínda que os termómetros dispararanse nas zonas do interior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.