Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/08/2021 | Actualizada ás 10:06
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta madrugada dous movementos sísmicos de magnitudes 3,3 e 3,4 con epicentro en Gomesende.
Así o informa o 112 Galicia que precisa que no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiron chamadas que alertasen dos terremotos.
Por outra banda, explica que, segundo os datos facilitados a este servizo, os tremores tiveron lugar ás 05,31 e 05,33 horas, recolle no parte de incidencias desta xornada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.