Queimadas 27 hectáreas no concello ourensán de Vilar de Barrio

O lume quedou extinguido ás 22.25 horas deste martes.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/08/2021 | Actualizada ás 10:18

Comparte esta noticia

O incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, na parroquia de Prado, quedou extinguido ás 22,25 horas do martes, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume, que se iniciou na noite do pasado domingo, afectou, de acordo coas últimas medicións, a unha superficie de 27 hectáreas arboradas.

Para o seu control, mobilizáronse nove axentes, 32 brigadas, tres helicópteros e 13 motobombas, entre outros efectivos, sinala o departamento autonómico.

Por outra banda, a Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que chamar en caso de detectar algún incendio forestal. Para denunciar calquera actividade incendiaria da que se sospeite ou teña coñecemento está habilitado o 900 815 085.

Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC
Un bombeiro durante os labores de extinción dun incendio forestal. CSIC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta