Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 10:09
Morre o home de 44 anos cuxo corpo foi rescatado por efectivos de emerxencias flotando, inconsciente, no río Verdugo, segundo informan a Europa Press fontes sanitarias. En concreto, o corpo foi localizado no Verdugo entre A Lama e Cerdedo-Cotobade, e foi evacuado a un centro hospitalario, ao que accedeu xa falecido.
Segundo informaron o CIAE 112 Galicia e o 061, a intervención tivo lugar sobre as 19,00 horas deste domingo, cando un particular contactou con Emerxencias para alertar de que, cando estaba a camiñar por unha senda próxima ao río, atopara a un home na auga flotando e que parecía afogado.
O 112 alertou ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia 061, que mobilizou un helicóptero medicalizado con base en Ourense e unha ambulancia de soporte vital avanzado. Así mesmo, deuse avisou á Garda Civil e a Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.
O persoal sanitario atendeu no lugar ao ferido, J.M.G.C., de 44 anos de idade e, posteriormente, este foi trasladado ao Hospital Montecelo de Pontevedra, ao que entrou xa sen vida.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.