Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/08/2021 | Actualizada ás 18:41
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns unha resolución que asina a secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo que declara de interese galego a Fundación La Toja. Tamén ordena a súa inscrición no rexistro de fundacións de interese galego.
O pasado 7 de xullo, o presidente de Hotusa, Amancio López, na súa condición de presidente do padroado da fundación, presentou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e a súa correspondente inscrición.
A Fundación LaToja constituíuna Amancio López Seijas, mediante escritura pública outorgada en Barcelona o 14 de xuño. Segundo consta nos seus estatutos, ten por obxecto "a defensa dos valores e os principios da democracia liberal", a "difusión da cultura tanto local, da Comunidade Autónoma de Galicia, como da cultura ibérica en todo o mundo, especialmente no ámbito atlántico"; a formación "integral" das persoas, a sustentabilidade do territorio, o coidado do medio ambiente, a conservación da flora e fauna e a conservación de todas as contornas, en concreto do rural.
López Seijas impulsa un foro na Illa da Toxa, no Concello do Grove, que este ano celebrará a súa terceira edición do 29 de setembro ao 1 de outubro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.