As Meninas volven a Ferrol logo de máis dun ano de pandemia

Uns 60 artistas plasmarán nas paredes de é barrio a súa particular interpretación do cadro de Velázquez

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Como cada primeiro fin de semana do mes de setembro desde o ano 2008, celébrase en Ferrol o Festival as Meninas de Canido, unha proposta que combina a arte urbana, coa realización de murais inspirados no popular cadro das Meninas de Velázquez, con outras iniciativas de tipo cultural e musical que conseguen reunir a miles de persoas no popular barrio da cidade naval.

O seu promotor, Edu Hermida, destacou que esta iniciativa naceu co obxectivo de denunciar o estado de abandono dalgúns edificios do barrio no que reside e que, aos poucos, foi crecendo para converterse "nun exemplo a seguir" na "loita por recuperar un barrio". "O noso amor por el contaxia moito e por iso xa se están expondo propostas parecidas noutros lugares", afirmou.

Hermida detallou que, a pesar dos tempos actuais de pandemia, "é necesario tirar facía adiante". "A cultura é segura e non nos queda máis remedio que seguir traballando", sinalou para asegurar que a produción foi moi difícil" sobre todo polo falleciiento da colaboradora Paula García.

UNS 60 ARTISTAS PARTICIPANTES

No barrio de Canido, segundo Hermida, "as xentes e as comunidades de propietarios ofrecen as súas paredes para poder pintar e poder así plasmar os traballos". Segundo indicou, uns 60 artísticas participarán, do cales dez realizarán obras de gran formato, con grandes muares sobre edificios. Precisamente, nun deles xa leva traballando unha semana e a súa procedencia é diversa, con achegas de Uruguai, Arxentina, Francia, así como de diversas zonas do Estado e tamén Galicia.

Entre as propostas musicais destaca o pregón que ofrecerá este venres, 3 de setembro, desde as 20,00 horas, Paco Caravel e o concerto de Alice Wonder, desde as 21,30 horas, todo iso no Parque Antón Varela, con 600 localidades.

Xa o sábado, día 4, terá lugar a actuación de Song Volans e La Mala Rodríguez. Pola súa banda, o domingo será a quenda dos Resentido. Para todos estes concertos será necesaria a reserva e o rexistro previo.

Ademais, haberá sesións vermú para as que non será necesario reservar localidade de forma que se entrará por orde de chegada, con varios pases ao longo do fin de semana dun documental elaborado por unha produtora local e que leva por título 'Benvidos Mr. Bansky', do director Carlos Quirós, ou unha exposición do fotógrafo Xurxo Lobato, así como un mercado creativo.

Obra de 'As Meninas de Canido'
Obra de 'As Meninas de Canido'

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta