Román Rodriguez enxalza o proxecto de desenvolvemento cultural impulsado por Óliver Laxe nos Ancares

O conselleiro considera que se trata dunha proposta "funamental" para dinamizar a zona.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2021 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou este venres o proxecto de desenvolvemento cultural impulsado polo cineasta Oliver Laxe nos Ancares e destacou a forza desta iniciativa que suporá un importante impulso e impacto para a comarca.

A iniciativa supuxo acondicionar e rehabilitar un novo espazo situado na parroquia de Vilela, na antiga casa familiar do cineasta, con espazos abertos ao público nos que se desenvolverán actividades de creación cultural que fomenten o intercambio coa poboación local. En concreto, organizaranse talleres, conferencias, proxeccións de cinema, actividades de desenvolvemento rural e encontros comunitarios de carácter social e cultural.

Para o conselleiro, trátase dunha proposta "fundamental" para dinamizar esta zona a través da cultura, "con propostas para todos os públicos e favorecer o seu desenvolvemento económico, social e cultural sempre de maneira respectuosa coas formas de vida tradicionais na zona", expresou. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade tamén colabora con esta iniciativa, en virtude dun convenio por importe de 85.000 euros coa Asociación Ser, impulsada por Laxe.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reúnese por videoconferencia con representantes do sector turístico. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta