Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2021 | Actualizada ás 18:27
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, propuxo estudar a introdución de "clausúlas de reto demográfico" nos contratos públicos que axuden a fixar poboación no rural. Fíxoo na inauguración dun curso, no Pazo de Mariñán, en Bergondo, da Universidade Internacional Menéndez e Pelayo (UIMP) que reunirá a expertos en reto demográfico e que clausurará o sábado o ministro de Universidades, Manuel Castells, segundo informa o organismo provincial.
Na súa intervención, Formoso destacou que cláusulas sociais introducidas hai uns anos nos contratos públicos de obras e servizos permitiron avances no relativo a dereitos laborais ou de xénero e propuxo unha iniciativa similar que prime a activación do rural.
"Ao fío das melloras na conectividade, a extensión da banda ancha e o 5G dos últimos anos, sería interesante discutir o encaixe legal de incorporar claúsulas nas contratacións públicas que permitan prestar servizos desde zonas alonxadas dos centros urbanos e das áreas metropolitanas", afirmou o presidente provincial.
González Formoso considerou que aínda que por primeira vez "o reto demográfico está no foco do Goberno, é necesario abordar o problema desde unha perspectiva máis transversal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.