CELAC: "La madre patria" morreu

A celebración do II Cume da CELAC na Habana, foi un éxito histórico da comunidade Latinoamericana e do Caribe. Nunca antes seguramente se reuniran tantos presidentes e xefes de Estado de gobernos democráticos, nun conclave deste tipo. E nunca existiu tanta sintonía política, malia a pluralidade destes representantes. Doutra banda o encontro foi unha gran vitoria de Cuba e o seu goberno, converténdoa nun dos motores morais e solidarios do continente Americano.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 04/02/2014

Comparte esta noticia
O éxito do Cume faime pensar no Congreso Anfictiónico de Panamá de 1826, como principal antecedente histórico. Naquel encontro Simón Bolívar intenta procurar a unión ou confederación dos novos Estados de América e a elaboración dunha táctica en común, fronte á España colonialista.
 
Naquel Congreso debateuse a necesidade de independizar Cuba, Porto Rico, Filipinas e as propias Illas Canarias. Será EEUU como sempre, o encargado de boicotear e levar ao fracaso esta iniciativa. Deste xeito evitou a independencia das derradeiras colonias, co argumento de que non se debía seguir fustrigando a España, para que esta recoñecese os novos Estados.
 
Malia iso Bolívar alentou aos patriotas caribeños especialmente aos cubanos, para que puidesen lograr a súa independencia. O movemento emancipador americano, liderado polo Libertador Simón Bolívar, enviou mesmo naves de guerra cara as illas Canarias, co claro obxectivo de debilitar á metrópole. Asemade, como manifestaba o Xeneral Pedro Briceño, da República de Colombia, «conseguir a independencia das Illas, dentro da Gran Colombia».
 
A visión estratéxica e anticolonialista do libertador de América, dista aínda moito do actual pensamento da actual esquerda xacobina española, que continua co concepto de España como «Unha, Grande e Libre».
 
Volvendo á CELAC este cume demostrou a vixencia do pensamento de Simón Bolívar sobre a «Patria Grande». A mesma acción política foi continuada neste século, polo comandante Hugo Chávez Frías. Simón Bolívar, adiantábanos o seu avanzado pensamento político, na Carta de Xamaica de 1815, cando expresou:
 
«É unha idea grandiosa pretender formar de todo o novo mundo unha soa nación cun só vínculo que ligue as súas partes entre si e co todo. Xa que ten unha orixe, unha lingua, uns costumes e unha relixión debería, por conseguinte, ter un só goberno que confederase os diferentes Estados que veñan a formarse; mais non é posíbel porque climas remotos, situacións diversas, intereses opostos, carácteres desemellantes dividen á América. Que belo sería que o istmo de Panamá fose para nós o que o de Corinto para os gregos! Oxalá que algún día teñamos a fortuna de instalar alí un augusto Congreso dos representantes das repúblicas, reinos e imperios a tratar e discutir sobre os altos intereses da paz e da guerra, coas nacións das outras tres partes do mundo».
 
A diferenza da reunión de Panamá de 1826 coa da Habana, foi que en primeira sen estar presente o tema central era España, mentres que nesta última, a gran ausente política foi España e a súa relación co continente a través do seu Cume Iberoamericana. España estivo totalmente ausente da axenda de 600 millóns de habitantes.
> «La Madre Patria» foi novamente humillada como no último Cume Iberoamericana de Panamá do 2013, onde a maioría dos mandatarios abstivéronse de asistir, restándolle importancia ao encontro. Entrementres o Rei español desde a súa convalecencia madrileña contempla como a súa monarquía se descompón, atacada polo virus da corrupción, e namentres a comunidade de países latinoamericanos e caribeños, deixaron de ollar cara ao norte e cara a España aínda colonial, para ollar cara dentro.
 
Outra derrotada neste Cume, foi sen dúbida ningunha a OEA, o ultimo instrumento norteamericano de control do «patio traseiro» do imperio. O destacado escritor galego Xosé Luís Méndez Ferrín nun artigo de opinión para Faro de Vigo salientou sobre este encontro, da CELAC: “este representa o enterro de «Hispanoamérica» e da noción histórica de «Hispanidade». Así como a expulsión moral e política de España fóra daquel universo”.
 
O que está claro que na Habana morreu «La Madre Patria».

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.