Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 11/10/2021 | Actualizada ás 10:08
Un cazador resultou ferido na tarde deste pasado domingo ao disparárselle a arma accidentalmente no termo municipal de Allariz.
Segundo a información recibida no 112 Galicia, a través dunha persoa particular, sobre as 19,30 horas deste domingo, accidentalmente a un home disparouselle a arma que manexaba nese instante, no lugar de San Miguel, en Torneiros, no concello de Allariz.
Tras contactar desde o 112 Galicia cos profesionais sanitarios, comunicaron que, enseguida, o helicóptero medicalizado con base en Ourense desprazábase cara ao punto. Ademais dos sanitarios, foron informados a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Finalmente o ferido, J.F.C., de 30 anos, foi levado a un centro de Atención Primaria. O 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado e un equipo sanitario da PAC de Allariz, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.