Feijóo e o Parlamento de Galicia defenden a "Galicia profunda" contra o auto de Marbella

Políticos, escritores e teóricos cargan contra as motivacións dunha sentencia que está a xerar unha campaña multitudinaria de rexeitamento. Feijóo vense de unir cunha imaxe dos seus primeiros anos nos Peares.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2021 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O auto dunha xuíz de Marbella que retirou a custodia a unha nai porque o fillo medraría na "Galicia profunda" está a xerar un forte rexeitamento nas principais capas activas da sociedade galega. Nas últimas horas, escritores, políticos e tuiteiros do común veñen de sumarse a unha campaña máis ou menos organizada na que caben as críticas á imaxe pública de Marbella, a defensa da contorna galega e mesmo as denuncias contra a xustiza do Estado.

Imaxe do hemiciclo do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA
Imaxe do hemiciclo do Parlamento de Galicia.. PARLAMENTO DE GALICIA

Neste contexto, o Parlamento Galego vén de trasladar o seu rexeitamento á utilización da expresión "Galicia profunda" para calquera aldea, parroquia, pobo ou cidade galega. "Este cualificativo implica unha valoración pexorativa e inxustificadamente negativa do país, que resulta inadmisible en calquera contexto máis aínda nunha resolución xudicial", sinala unha declaración institucional que foi pronunciada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, no pleno.

O texto sostén que afirmacións desta índole "mostran un profundo descoñecemento da realidade de Galicia e do pobo galego". Ademais, apunta que evidencian "enormes prexuízos e estereotipos que nada teñen que ver con este país, no que concorren todas as condicións para un pleno e integral desenvolvemento das persoas". Neste sentido, considera que "calquera aldea, pobo ou cidade galega é apta para o desenvolvemento dun neno ou nena". "Por esta razón, as forzas políticas con representación no Parlamento de Galicia queremos reafirmar o noso orgullo como galegas e galegos e así o expresamos con esta declaración institucional que é, tamén, un acto de dignidade colectiva", expresa.

En realidade, o auto da xuíza de Marbella detalla que a custodia vén retirada porque a nai levou ao fillo de Marbella sen o consentimento do pai e de forma unilateral. Con todo, o matiz que vén de prender a mecha da polémica está nesa particular visión de Galicia que xa acumula milleiros de publicacións de rexeitamento e que nas últimas horas chegou a ser trending topic. A isto contribuíron, entre outros, políticos de primeira liña da esfera galega:

A estes vense de unir Feijóo cunha imaxe dos seus primeiros anos nos Peares.

Tamén houbo escritores e teóricos de talla estatal na contenda:

E, por último, foi a quenda dos tuiteiros do común, que se desfixeron en críticas á imaxe pública de Marbella pero tamén en defensas á contorna de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Riolo

Mientras que sus señorías se ocupan de estas chorradas decenas de miles de gallegos esperan por una intervención quirúrgica, el gasoil y la electricidad están más caros que nunca, y los comercios y las empresas gallegas cierran una tras otra. Pero claro, a gente que gana como mínimo 65.000 euros al año, del dinero de todos, eso les trae absolutamente sin cuidado.

1 Viravento

Chorrada, lo que se dice chorrada, no es. Está diciendo que la justicia no es igual para todos porque unos viven en una ciudad cosmopolita y otros en la "Galicia profunda". Te lo pongo en castellano por si no lo entiendes en gallego, no vaya a ser que eso te haga infeliz como al niño de la sentencia ;)

2 Riolo

Supongo que serás uno de los que cobra 65.000, de los impuestos de todos. Leete la sentencia y luego me cuentas, porque lo grave es que una persona incumplió la ley, y no una frase fuera de contexto. A mí, sea gallego o chino, me molestan los delitos con menores, no el postureo de los vividores de la calle del Horreo.

3 Viravento

Mal supones... No estamos valorando los supuestos que tú propones, sino una cita en un documento oficial, muy concreta e inapropiada, de alguien que representa al estado. No intentes llevarme a tu redil ni hacer entender que soy quien tú quieres que sea :D