Falece un home que fora diagnosticado con COVID

A vítima tiña patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2021 | Actualizada ás 21:12

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias comunicaron este martes a morte dun home de 89 anos de idade, que era usuario da residencia Clece Vitam Pardo Bazán de Vigo.

O falecemento deste home, que permanecía ingresado no hospital Povisa e presentaba patoloxías previas, eleva as vítimas da pandemia en Galicia a 2.653.

A última victima mortal en Galicia fora comunicada o xoves da semana pasada, cando a Consellería de Sanidade deu conta da morte dun home de 52 anos falecido o día anterior no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU).

Unha sanitaria vacina a unha muller coa terceira dose da covid-19, na Residencia de Maiores Vista Alegre, a 22 de setembro de 2021, en Madrid
Unha sanitaria vacina a unha muller coa terceira dose da covid-19, na Residencia de Maiores Vista Alegre, a 22 de setembro de 2021, en Madrid | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta