A Radio Galega lanza este martes "Superando a ficción", o seu primeiro podcast nativo dixital

A encargada de dirixilo será a xornalista Cristina García.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2021 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

A Radio Galega (RG), a través da plataforma 'RadioGalegaPodast.gal', lanzará este martes o seu primeiro podcast nativo dixital: 'Superando a ficción'. A encargada de dirixilo será a xornalista Cristina García, condutora habitual dos espazos radiofónicos 'A Tarde' e 'A Bóla Extra'.

Segundo informa a RG, o podcast terá unha primeira tempada con seis capítulos nos que García contará unha historia real que parecería o argumento dunha obra de ficción "se non se soubese que sucedeu". De feito, moitas destas historias acabaron na gran pantalla.

Ao longo do seu seis episodios, que sairán semanalmente, haberá protagonistas como a actriz Gene Tierney e os oíntes poderanse transportar á Habana da época da Revolución cubana, ao Hollywood do cinema negro, ao Estocolmo de cando ABBA gañou Eurovisión ou a unha illa do Mediterráneo durante a erupción dun volcán, entre outros.

Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra
Estudo da Radio Galega - Diario de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta