Por E.P. | Lugo | 09/11/2021 | Actualizada ás 18:54
A Deputación de Lugo continuará prestando o seu apoio ao colectivo profesional das redeiras, coas que contribuirá con 39.000 euros para favorecer a substitución xeracional no sector. Este martes, o presidente da institución provincial, José Tomé, asinou a renovación do convenio coa Unión de Traballadores Autónomos do Transporte, Mar e Comunicación de Galicia.
Con este acordo, o goberno lugués dá continuidade a un proxecto creado hai tres anos e que busca favorecer a integración das mulleres no mercado de traballo.
"O obxectivo é formar ás mulleres que queiran desenvolver a súa carreira profesional no sector do mar facendo o traballo de redeiras e, ademais, darlles as claves para que poidan exercer este traballo por conta propia", explicou Tomé.
Aa Deputación achega 39.000 euros para financiar a realización destes cursos, orientados fundamentalmente a mulleres desempregadas ou en situación de precariedade na zona da Mariña luguesa.
En anteriores edicións, a totalidade das participates no curso superaron as probas que se realizan en Galicia para o exercicio da profesión de redeira.
CURSO NA UNED
Por outra banda, a Deputación de Lugo e a Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) organizan un curso grautito sobre a xestión das Reservas da Biosfera.
A actividade formativa, composta de dez horas lectivas, encádrase no 50 aniversario do programa MaB e outorga ao alumnado 0,5 créditos ECTS.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.